lunes, 3 de junio de 2013

Os ecosistemas

                                                OS ECOSISTEMAS
  As plantas e os animais viven adaptados ao seu medio. Entre eles establecen estreitas relacións, de maneira que calquera cambio que se produza lles afecta a todos os seres vivos que hai alí, mesmo pode causar a súa desaparición.

 
 
Os distintos seres vivos habitan nun medio físico formado por elementos inanimados: o chan sobre o que se desprazan, o aire que os rodea, a luz solar que lles chega, a temperatura do seu contorno e a auga dispoñible no lugar.

Os seres vivos que habitan nun lugar + O medio físico ou lugar que habitan : Forman un ecosistema.











Uns seres vivos adáptanse ao medio no que viven. Por exemplo, nas zonas de matogueira hai moitas aves de cor parda, similar á do seu contorno; deste xeito, resultan menos visibles para os seus depredadores.
Ademais, os seres vivos relaciónanse entre si de maneira que cada un lles achega algo aos demais. As relacións básicas son:
 DEPREDACIÓN. Uns organismos aliméntanse doutros; por exemplo, un  raposo e un coello.














COMPETENCIA. Distintos organismos aliméntanse dos mesmos recursos; por exemplo, os leóns e os guepardos compiten polas súas presas.











COOPERACIÓN.Diferentes organismos axúdanse mutuamente. É o caso do peixe limpador que se alimenta dos residuos e dos parasitos que teñen outros peixes máis grandes.














viernes, 31 de mayo de 2013

Ecosistemas terrestres.




                                                 Ecosistemas terrestres
   Os ecosistemas terrestres son aqueles nos que o medio físico no que viven os organismos é a zona emerxida da superficie terrestre e está en contacto co aire.


  


    





                         

  DESERTO.O deserto é un terreo árido, con clima cálido, moita variación de temperatura entre o día e a noite e precipitacións moi escasas. Apenas hai plantas. Hai algunhas, como os cactos. Escasean os animais, tamén.








SELVA TROPICAL.O terreo non é moi fértil. O clima é cálido, con temperaturas altas durante todo o ano, e as chuvias son frecuentes, polo que hai moita humidade. A flora é moi abundante e diversa. Tamén abunda a fauna, que é ademais moi diversa.
 









ESTEPA. O terreo da estepa é moi fértil, extenso, plano e afastado do mar. O clima é frío, con gran variación de temperaturas entre o verán e o inverno. Os invernos son fríos e secos. Hai moitos animais, pero pouca variedade. Predominan as herbas con raíces longas.









BOSQUE CADUCIFOLIO.O terreo do bosque caducifolio é fértil. Posúe un clima suave con invernos fríos e abundantes chuvias, perocunha estación seca. Abundan as árbores como a faia, de follas grandes que caotan moita luz e caen na época máis adversa. respecto aos animais, predominan os insectos, as aves e os mamíferos, adaptados ao clima.











BOSQUE MEDITERRÁNEO. O bosque mediterráneo caracterízase por ter un terreo fértil. As temperaturas son elevadas no verán e suaves, no inverno. As chuvias son concentradas no outono e na primavera. Predominan as árbores como a aciñeira, con follas perennes e endurecidas que evitan aperda de auga, e os arbustos e herbas aromáticos, como a lavanda. En canto os animais, atopamos xabarís e cabras montesas adaptados aos terreos escarpados.











TAIGA. Presenta un terreo pouco fértil, por un clima moi frío e con chuvias escasas. Abundan as plantas ximnospermas, como o abeto, con follas resistentes ás xeadas. En canto os animais, ou ben se desprazan a zonas menos frías durante o inverno, como o alce, ou ben pasan o inverno durmindo, como a lebre das neves.









                                                          

miércoles, 15 de mayo de 2013

Ecosistemas acuáticos

                                                          Ecosistemas acuáticos

Nos ecosistemas acuáticos o medio físico é a auga e o acceso a ela é limitado. A luz, a temperatura e os sales minerais son determinantes para o tipo de vida.

MARES E OCEANOS. Dentro dos oceanos chamanse mares a algunhas zoas cercanas as costas, situados case sempre sobre a plataforma continental, por tanto con profundidades pequenas, que por razóns históricas ou culturais teñen nome propio.










LAGOS E LAGOAS. Son masas de auga doce pouco profundas e augas etancadas e sen correntes. A parte superficialpode chegar a conxelarse. Presentan vexetais somerxidos totalmente, como as algas, ou parcialmente, como o nenúfar, e plantas e árbores de ribeira, como a espandana  e os chopos. Abundan os peixes, como as carpas, e os invertebrados acuáticos, como as pulgas de auga.




   




RÍOS.   Os ríos son masas de auga doce en movemento. O seu caudal pode variar ao longo do ano polas  chuvias. As plantas máis comúns son as algas, suspendidas na auga, e o bosque de ribeira con árbores como os amieiros, ou herbas, como os lirios. Os animais varían co caudal do río. Hai moitos peixes, como as troitas, e invertebrados acuáticos, como os vermes.



 







martes, 14 de mayo de 2013

Conservación dos ecosistemas.

  • Os ecosistemas deterioranse cando desaparecen alguns dos seres vivos que o forman. Se un ser vivo desaparece poden desaparecer todos os demais, pois todos están relacionados.
  • Temos a regla das tres erres: 
  • Reducir o consumo de recursos.
  • Reutilizar produtos.
  • Reciclar depositando o papel, o plástico, o vidro...

Ecosistemas de Galicia.

                                                        O bosque caducifolio.

 O clima do bosque caducifolio é temprado, de temperaturassuaves eabundantes chuvias.


                                                        A costa galega.


 A costa galega abrangue a zona litoral e as augas próximas á costa. Axona litorial está formada por tramos d erías, de cantís e de praias.

  

lunes, 13 de mayo de 2013

Ecosistemas de España.










ALTA MONTAÑA. É un ecosistema que se encontra nas montañas en altitudes superiores a 1.200m, en zonas con pendentes pronunciadas. As precicpitacións son abundantes  e as temperaturas, frías.
Entre os 1.200m e os 2.400m de altitude encontramos bosques de piñeiros e abetos e, a maior altitude, aparecen os prados alpinos.









BOSQUE CADUCIFOLIO. É o ecosistema terrestre máis característico de Galicia. Adoita estar nas beiras de montañas ata os 1.500m de altitude.








BOSQUE MEDITERRÁNEO. O encontramos nas rexiones de clima meditrráneo con veranos moi calorosos e invernos temprados. Encóntrase por debaixo dos 1.000m de altitude.
 







MAQUIS E GARRIGAS. Danse, polo xeral, por debaixo dos 500m en zonas de preciptaciónsmoi escasas, invernos suaves e veráns calorosos.









LAURISILVA. Medra nas zonas montañosas das illas Canarias entre os 400 e os 1.200m de altitude nas vertentes máis húmidas.
 



Cadeas e redes tróficas.

Unha rede trófica é máis complexa que unha cadea, pero mási percido ao que existe na natureza. Podes sacar dunha rede varias cadeas tróficas.
                                    REDE TRÓFICA.







            

                                    CADEA TRÓFICA.